Copyright 2019 - Fisober FSF

24-02-2019

Player statistic

    11' Nuria
    26' Noe

Additional information

Arbitros
Alejandra Bujía
Crono
Santiago Pena

FERVENZA B : Lucía, Carmen, Claudia, Cris Loures, Alba ; tamén xogaron : Clara, Carol, Natalia, Tania, Blanca , Sofía.

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Ana, Nuriña, Noe ; tamén xogaron : Carre, Mai, Adriana, María Dumbría.

ÁRBITRO : Alejandra Bujía ; CRONO : Santiago Pena.

GOLES : 0-1 min 11 Nuriña, 1-1 min 19 Cris Loures, 2-1 min 19 Carol, ( descanso ), 2-2 min 26 Noe, 3-2 min 33 Sofía, 4-2 min 33 Blanca.

Partido disputado na noite do venres no P.M. de Esteiro en Ferrol corrrespondente a 20ª xornada da Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica.

A can fraco todo son pulgas, e é que a sorte parece que abandonou ao Fisober, xa que cando o venres estaba co partido igualado as lesións de Noe e Nuriña, ningunha delas ten boa pinta, trastocaron o partido e deixaron as costeiras sen puntos e sen dúas xogadoras. Un minuto en cada periodo no que recibiu tódolos goles foi decisivo.

Arranca o partido cunha ocasión clara de Ana despois dun envio longo de Paula Fandiño. Na contra unha longa xogada local remata cun tiro ao pau da local Cris Loures.

O Fisober esperaba a media pista e a posesión era para as locais. Tería Ana unha boa ocasión a envio de Adriana. E outra boa de Ana despois de parede con Noe que despexa a porteira local.

E no saque de esquina desa xogada Noe envía para Nuriña que fai o gol para as visitantes no minuto once.

Tralo gol tiña moito perigo o Fisobe e Noe case fai o segundo. E cando parecía que se ía chegar ao tempo de lecer con triunfo costeiro todo trocou.

Igualaba o filial da Fervenza cun gol de Cris Loures xa dentro do último minuto. No saque de centro envíaba ao longueiro un tiro o Fisober. E a falla de sete segundos Carol facía o dous a un para as locais co que se chegaba ao tempo de lecer. De irse en vantaxe a irse perdendo nun fatídico último minuto.

O inicio da segunda metade foi coma o fin da primeira cun equipo local moi intenso. Pero a contra as costeiras chegan con perigo por medio de Adriana e Paula Fandiño.

No minuto seis a presión do Fisober tivo os seus froitos co gol de Noe para igualar o partido.

As locais respostaban cun tiro da porteira dende campo propio con moito perigo.

Pero todo cambiaba nun fatídico minuto 28 coa lesión de xeonllo de Noe e tan solo dous minutos despois ca lesión de xeonllo de Nuriña.

As dúas lesións, curiosamente das dúas goleadoras da noite, foron un duro golpe para as costeiras.

Máis aínda cando no minuto 33 primeiro co gol de Sofía e pouco despois co de Blanca para poñer o catro a dous que a postre foi definitivo. O último minuto da primeira metade e o 33 da segunda mataron ao Fisober.

Nos últimos minutos o Fisober tentouno con Adriana de porteira – xogadora pero xa sen froito.

A vindeira semana non haberá liga , que volve o día 10 ca visita do Meigas a Dumbría a espera de coñecer o alcance das lesións de Noe e Nuriña pendentes da visita ao trauma , despois dunha primeira exploración.

Alineación:

Suplentes:

f t g