Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 3'    
Paula 28'    

Additional information

Arbitros
Beatriz Pazos
Crono
Sergio Montoiro

FISOBER : Lía, Adriana, Kenny , Paula Fandiño, Ana ; tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Laura.

ESTRADA : Nuria, Lucía, Natalia Mercedes, María, Lucía González ; tamén xogaron : Patricia, Doris , Alba, Noelia, Sonia.

ÁRBITRO : Beatriz Pazos , CRONO : .

GOLES : 1-0 min 3 Paula Fandiño, 1-1 min 8 Sonia, 1-2 min 10 Natalia Mercedes, ( descanso ), 1-3 min 25 Natalia Mercedes,2-3 min 28 Paula Fandiño, 2-4 min 36 Sonia, 2-5 min 37 Lucía, 2-6 min 38 Patricia, 2-7 min 39 Patricia, 2-8 min 39 Noelia.

Partido disputado disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 23 ª xornada de Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica.

Demasiado castigo para un Fisober que o intentou e tivo oportunidades e cando arriscou a desesperada na busca da igualada recibiu un resultado abultado de máis.

Iniciaban o partido os dous equipos moi concentrados. A primeira ocasión foi local por parte de Kenny . Aos tres minutos un envío longo de Paula Fandiño coabase para ser o un a cero local.

O Estrada non creaba perigo ante un Fisober intenso e moi ben prantado en defensa.

Adriana tiña unha gran ocasión cun lanzamento que se lle ia ao pau da portería visitante. A resposta era cunha dobre ocasión das visitantes cando xa ían cinco minutos.

E aos oito minutos un roubo das estradenses chegaba o gol da igualada. E tan solo dous minutos despois unha contra visitante poñía o un a dous no electrónico, botando por terra o gran traballo das costeiras en tan solo dous minutos.

Buscarían a igualada as locais con sendos envíos de Lía primeiro a Adriana e logo a Ana pero o gol non chegaba e íanse ambos equipos ao vestiario co un a dous no marcador.

O inicio da segunda metade chegaba cunha novidade que era cas visitantes xogando de cinco e no primeiro minuto un roubo de Ana a piques estivo de igualar o partido.

Pouco despois era Adriana a que case iguala o electrónico. As visitantes tiñan poucas ocasións pero moi claras e aos cinco minutos unha triple ocasión visitante poñía un desesperanzador un a tres no tanteador.

Primeiro unha boa ocasión de Mai e logo un gol despois dun lanzamento de Paula Fandiño poñían o dous a tres e as locais novamente no partido.

Todo trocou cando a falla de catro minutos as visitantes facía o cuarto e poñían máis terra de por medio no electrónico.

Decidiron arriscar as locais co xogo de cinco pero lonxe de reducir distancias foiselles xa o partido a desesperada facendo un marcador máis abultado do visto sobre a pista.

A vindeira semana toca importante visita ao Couto Ourense.

Ademais o Fisober F.S.F. xa ten preprarado coma cada Semana Santa o seu campus que vai pola quinta edición do cal informaremos máis en vindeiras datas pero adiantamos xa o cartel.

Alineación:

Suplentes:

f t g