Copyright 2019 - Fisober FSF

30-03-2019 16:30
P.M. de Os Remedios

Player statistic

    18' Kenny
    27' Mai

Additional information

Arbitros
Luis Mendez
Crono
Jorge Ruiz

COUTO : Isabel, Alba , Antía, Nerea, Tere ; tamén xogaron : Paula, Aranzazu, Cris, Sonia, María, Lucía , Aldara.

FISOBER : Lía, Mai, Ana, Paula Fandiño, Adriana ; tamén xogaron : María Dumbría, Carre, Kenny, Laura.

ÁRBITRO : Luis Méndez , CRONO : Jorge Ruiz.

GOLES : 1-0 min 3 Tere, 2-0 min 10 Aranzazu, 2-1 min 18 Kenny, ( descanso ), 2-2 min 27 Mai, 3-2 min 37 Cris.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. dos Remedios de Ourense correspondente a 24ª xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica.

O Fisober de novo quedouse as portas de puntuar nun partido no que incluso errou un penal pero a sorte segue a ser esquiva as costeiras.

Comezaba o partido cun saque de esquina a prol das locais que sacaba Lía e a resposta das costeiras era por parte dunha falta sacada por Paula Fandiño que case se coa na portería local.

Ao pouco de comezar estreaban o seu casilleiro as locais poñendo costa arriba xa dende o principio o partido para o Fisober.

Nunha contra visitante levada por Mai e con asistencia para Ana a piques está de igualar o partido. Tamén tiña a súa opción Paula Fandiño cunha falta ao borde do área pero paraba a porteira local.

Outra contra costeira levada por Kenny que asiste para Mai que envía o seu lanzamento ao longueiro.

Mediada esta primeira metade outra chegada do Couto e outro gol cando máis ocasións estaban a ter as costeiras.

De novo unha contra do Fisober e de novo unha moi boa oportunidade desta vez para María Dumbría. Tería unha nova ocasión o Fisober por parte de Adriana e no rexeite é derribada en penalti. Do seu lanzamento encárgase Paula Fandiño pero a porteira acerta e desvía.

Terían dous contragolpes claros as locais pero non foron quen de aproveitalos. E cando se chegaba ao fin da primeira metade Ana asiste para que a cadete Kenny reduza diferencias no electrónico, un dous a un co que se chegou ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios foi cunha dobre ocasión para Laura pero a porteira local paraba nas dúas ocasións. Paula Fandiño tamén tería a súa ocasión.

Quen si acertou foi Mai mediada esta segunda metade poñendo a igualada no marcador. No intermedio desta segunda metade as costeiras xa estaban con cinco faltas, en un dobre penalti tiña que aparecer Lía, na contra Kenny manda un balón a escuadra que desvía a porteira local.

O Couto apreta e ten un lanzamento que peta en ambos paus e salva na liña Paula Fandiño e na contra a piques está de marcar Adriana, nun partido tolo por momentos.

A falla de tres minutos recibía un duro golpe o Fisober co terceiro local. Apretaron as costeiras ata o fin incluso cun tiro o longueiro de Paula Fandiño pero a sorte foilles esquiva.

A vindeira semana chega a Dumbría o Culleredo noutro partido decisivo.

Alineación:

Suplentes:

f t g