Copyright 2019 - Fisober FSF

28-04-2019

Player statistic

    19' Ana

LEIS : Nerea, Patri, Nuria, Ali, Lara ; tamén xogaron : Sara, Ana, Nair.

FISOBER : Lía, Adriana, Ana, Kenny, Mai ; tamén xogaron : Carre, Paula Fandiño.

ÁRBITRO : Alejandro Ares ; CRONO : Manuel Pérez

GOLES : 0-1 min 19 Ana, ( descanso ), 1-1 min 27 Nuria.

Partido disputado na tarde do sábado no P. Príncipe Felipe de Pontevedra correspondente a 26ª xornada de liga na Preferente Galicia- Liga Autonómica.

Importante punto o acadado polo Fisober na pista do segundo clasificado nun partido disputado e traballado polas costeiras, que seguen acusando a multitude de baixas, no que os paus tamén axudaron ao Fisober.

Saíron os dous equipos moi concentrados , co Leis coa iniciativa de ataque e o Fisober traballando a media pista.

A primeira ocasión clara era para as costeiras cun saque de esquina entre Ana e Paula que finaliza cun remate no segundo pau de Carre que salva a porteira local in extremis.

O Leis respondía cunha contra que finaliza cun remate ao pau das locais. O Fisober intentabao cun lanzamento lonxano de Paula Fandiño moi perigoso.

Os paus comezaban a alinearse coas costeiras xa que o Leis facía dous paus seguidos na mesma xogada.

Había ocasións en ambas porterías, primeiro para Kenny polo Fisober e pouco despois para as locais.

Cando se ía chegar ao fin desta primeira metade unha contra conducida por Paula Fandiño cun pase ao espazo para Ana, remata con está definindo para o cero a un.

No arranque da segunda metade as locais saían máis intensas si cabe, e a primeira ocasión era cunha vaselina que golpeaba no longueiro que voltaba a xogar a prol do Fisober. Pouco despois voltarían a toparse co pau as locais.

O gol local chegaría mediada esta segunda metade por medio de Nuria. Despois do gol as da cidade do Lérez estiráronse a polo partido. Tendo un novo lanzamento ao longueiro.

O Fisober respostaba cunha xogada de estratexia na que primeiro Paula Fandiño e logo Adriana no rexeite non eran quen de superar a porteira local.

A resposta local era salvada por Lía con moita sangue fría. De novo Lía sería protagonista pouco despois con outra gran intervención.

O Leis foi con todo ata o final pero o Fisober aguantou a embestida e acadou un importante punto ante o segundo clasificado que se está a xogar o título.

Precisamente a próxima semana chega a Dumbría o Castro actual líder da competición.

Alineación:

Suplentes:

f t g