Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Ana 4'    
Paula 23'    

Additional information

Arbitros
Borja Perez
Crono
Rebeca Montoiro

FISOBER : Lía, Ana, Mai, Adriana, Kenny ; tamén xogaron : Paula Fandiño, Carre, María Dumbría, Laura.

CASTRO : Area, Ana, Vero, Andrea, Lara ; tamén xogaron : Eva, Antía, Iria, Sandra, Sainza, Patri.

ÁRBITRO : Borja Pérez , CRONO : Rebeca Montoiro.

GOLES : 1-0 min 4 Ana, 1-1 min 10 Lara, 1-2 min 17 Vero , ( descanso ), 2-2 min 23 Paula Fandiño, 2-3 min 27 Vero, 2-4 min 32 Lara, 2-5 min 36 Vero.

Partido correspondente a 27 ª xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober fixo un bo partido ante o líder Castro pero pesáronlle os últimos minutos ante tan potente rival.

Xa que o Castro que finalizou a xornada coma campión ao caer este domingo o Leis ante o filial do Fervenza, tan solo cedera cinco puntos en toda a liga. Aproveitamos dende aquí para darlle a noraboa ao Castro polo título de liga e o seu ascenso a Segunda División, algo que no seu día tamén desfrutaron as costeiras que lograron estar ata cinco tempadas na categoría de Prata do fútbol sala español.

O Fisober arrancou ben o partido e púxose por diante cun gol da capitana costeira Ana. A el seguiron uns bos minutos das locais que incluso tiveron a ocasión para poñerse con dous de vantaxe.

Mediada esta primeira metade Lara poñía a igualada para o cadro visitante , deixando as táboas no electrónico. Nunha xogada fortuita a local Kenny daba o susto dunha posible nova lesión para encher aínda máis a enfermería costeira. Finalmente quedouse nun susto e puido volver a pista na segunda metade.

Así foron pasando os minutos, ata que cando se chegaban aos últimos desta primeira metade un penalti transformado por Vero adiantaba as visitantes. Co un a dous chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios un novo aceleron das costeiras fixo que Paula Fandiño igualase de novo o electrónico ante o potente cadro visitante.

Co paso dos minutos as forzas das locais comezaban a fraquear ata que no minuto 27 un novo gol de Vero poñía de novo en vantaxe as visitantes.

As locais tentaron novamente a igualada con un novo arreón pero non foron quen de igualar, quen si marcou foi Lara para completar o seu dobrete e deixar moi tocadas as locais.

Un novo gol de Vero para completar o seu hattrick a pouco do fin pechaba o partido e a postre o título para as de Castro.

A vindeira semana toca visitar Vilalba para o Fisober que entra nas decisivas últimas tres xornadas.

Alineación:

Suplentes:

f t g