Copyright 2019 - Fisober FSF

12-05-2019

Player statistic

    21' Adriana
    25' Paula
    39' Paula

Additional information

Arbitros
Yago Seijas
Crono
María López

VILALBA: Carmela, Carla, Adelaida, Sabela, Akira ; tamén xogaron : Paula, Antía, Uxía, Paula Cortiñas.

FISOBER : Lía, Adriana, Paula Fandiño, Kenny, Ana ; tamén xogaron : Mai, Lucía Canosa, Carre.

ÁRBITRO : Yago Seijas , CRONO : María López.

GOLES : 1-0 min 16 Adelaida, 2-0 min 19 Uxía , ( descanso ), 2-1 min 21 Adriana, 2-2 min 25 Paula Fandiño, 3-2 min 28 Antía, 3-3 min 39 Paula Fandiño.

Partido correspondente a 28 ª xornada de Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P.M. de Vilalba.

O Fisober sacou un importante punto de Vilalba nun partido moi igualado e no que as baixas que están a afectar ao equipo costeiro propiciaron un novo debut co primeiro equipo desta vez o da infantil Lucía Canosa.

Saiu o equipo local ca posesión e creando algunha ocasión. O Fisober creaba algunha ocasión a balón parado e nun saque de banda Paula Fandiño tira e fai aparecer a porteira local.

Nunha contra local cun dous para un, salva Lía cando se cantaba o gol. E pouco despois volveu aparecer Lía noutra ocasión local. Pouco despois unha nova ocasión das locais.

Unha boa parede entre Carre e Paula Fandiño foi finalizada por Carre que case marca cun remate de cabeza. Nun saque longo de Lía a piques está de marcar Adriana.

Cando esmolecía a primeira metade un lanzamento tras saque de banda de Adelaida poñía por diante ao Vilalba.

A resposta do Fisober foi cunha ocasión de Paula Fandiño con boa resposta da porteira local.

E despois dunha saída de cinco local dende campo propio e no último minuto da primeira metade Uxía poñía o segundo local e as cousas moi difíciles as costeiras.

Pero a saída da segunda metade non podía ser mellor para as do Fisober xa que un pase ao espazo de Ana para Adriana rematou co gol desta para reducir diferencias. Respostaban as locais cunha boa ocasión.

Aos cinco minutos Paula Fandiño cun lanzamento longo poñía a igualada no electrónico. E case o volta acadar Paula Fandiño pouco despois. Unha contra de Kenny e Paula Fandiño provocou outra gran ocasión para as visitantes.

Nun saque de esquina adiantáronse de novo as locais cun gol de Antía. E tivo que aparecer Lía para evitar un novo gol local.

Un envío longo para Adriana propiciou unha dobre ocasión desta pero a porteira evitouno.

E pouco despois as mesmas protagonista, Adriana e a porteira local pero gañou de novo a porteira.

O Fisober ía a pola igualada tirando unha e outra vez e provocando saques de banda e de esquina pero non chegaba.

E cando parecía que non chegaría , nun saque de banda Paula Fandiño mandou un fogonazo para igualar o partido nos últimos segundos e traer un punto para a Costa.

A vindeira semana chega o Gaiola a Dumbría.

Alineación:

Suplentes:

f t g