Copyright 2019 - Fisober FSF

10-11-2018 18:00

Additional information

Arbitros
Ignacio Rivas
Crono
Brais Couto

ESTRADA : Nuria, Noe, Luchy, Alba, Natalia ; tamén xogaron : Luz Bugallo, Magali, Yaiza, Lucía, Patri, Sonia,María.

FISOBER : Lía, Noe, Ana, Paula Fandiño, Mai ; tamén xogaron : María Dumbría, Adriana, Nuriña, Laura, Kenny, Carre.

ÁRBITRO : Ignacio Rivas ; CRONO : Brais Couto.

GOLES : O descanso chegouse con igualada a cero. 1-0 min 32 Alba , 2-0 min 34 Natalia, 3-0 min 39 Sonia.

Partido correspondente a 8ª xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado no P. Municipal M. Coto Ferreiro de A Estrada na tarde do sábado.

Sigue a maldición do Fisober no Coto Ferreiro onde non é capaz de gañar, nun partido igualado no que o primeiro en marcar gol sería o que se levará o gato ao auga, e foron as locais as que o acadaron a falla de oito minutos e con elo quedaron cos tres puntos.

Arrancaron ambos equipos moi comedidos e sen arriscar moito por medo de que o que o fixera recibiría un gol.

Nos primeiros minutos non había moitas ocasións pero cun lixeiro dominio costeiro.

Co paso dos minutos foron aparecendo as primeiras ocasións nalgunha contra local e nas combinacións visitantes. A mellor para as costeiras foi un lanzamento de Paula Fandiño de reviravolta ao pau. Pero tamén tiveron as súas Noe ou Ana, pero non foron quen de batir a Nuria para adiantar as súas.

Pasaban os minutos e o resultado non se movía. Co cal se chegou o tempo de lecer co resultado gafas.

A volta de vestiario non trocou moito a escea. Con dous equipos preocupados por non encaixar dada a igualdade.

Neses primeiros minutos gozou de novo dunha gran ocasión o conxunto costeiro pero o lanzamento de Nuriña foise novamente ao pau. A sorte tampouco lle estaba axudar ao Fisober.

Nun partido tan igualado estaba claro que un gol sería definitivo. E o gol chegou pero para as locais a oito minutos do fin cun cabezazo de Alba que poñía en vantaxe ao Estrada.

Ese gol fíxolle moito dano as costeiras que deixaron o orde e xogaron a impulsos. Dous minutos despois Natalia facía o segundo e mataba moitas das esperanzas costeiras.

Os minutos pasaban e o Fisober non recurtaba, cada vez máis nervioso.

Na última xogada do partido Sonia facía o terceiro, excesivo castigo para un partido tan igualado e no que quizais o xusto sería un empate.

A vindeira semana chega Couto Ourense a Dumbría.

Alineación:

f t g