Carre
Cunha traxectoria moi semellante a de súa compañeira Ainho e despois de pasar polas categorías inferiores do Viaxes Amarelle, Grupo Work ou 5 Coruña, Alba Carreira Álvarez máis coñecida como Alba ou Carre chega ao Fisober na tempada 2017/2018 procedente do 5 Coruña de Liga Autonómica.
Alba nada o 19/07/2000 adoita desenvolverse nas posicións de peche ou de universal. Na súa etapa no Grupo Work na liga Provincial xa se ten enfrontado ao filial do Fisober e a algunha das que agora serán as súas compañeiras. Unha lesión de xeonllo da que recentemente se ten operado impedirá que poida estar dispoñible o comezo da tempada, pero espera estar dispoñible o antes posible para axudar as súas compañeiras. Ten sido seleccionada ca coruñesa cadete de fútbol sala.
O clube sigue a fichar xuventude e ilusión, Alba Carreira ficha polo Fisober
Equipo | ![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|---|
![]() | 24 | 0 | 0 |