Copyright 2019 - Fisober FSF

Barca

Posición:
Ala
Dorsal:
10
Lugar Nacemento:
Muxia
Nome e apelidos:
Barca Toba Suarez
Nome Futbolístico:
Barca
Equipo:
Fisober FSF

Barca é unha das xogadoras máis veteranas e con maior traxectoria deportiva do Fisober, esta muxiana nacida o 8 de outubro de 1985 ten unha longa traxectoria futbolística.

Iniciou a súa andaina nas escolas municipais de Muxía, sen embargo ó contrario das súas compañeiras ela non tivo que iniciar a súa andaina futbolística cos rapaces, pois alí había un equipo feminino que conseguiu numerosos campionatos de liga. Tralo seu paso polo fútbol sala costeiro dou o salto ó clube coruñés Sal Lence, no que solo estivo un ano, pois tras ir os adestradores das escolas municipais de Muxía para o Viaxes Amarelle ela tamén daría o salto ó equipo de Santa Comba. Tras pasar tres tempadas alí, obtivo un campionato de liga provincial feminina e darían o salto a liga autonómica.

Despois de combinar o fútbol sala co fútbol recalaría no Fisober, equipo no que leva xogando 5 anos. En estas cinco tempadas Barca, obtería un campionato de copa provincial, un campionato de liga autonómica, un subcampionato de copa autonómica e subcampionato de España.

Esta boa traxectoria no fútbol sala levouna á selección galega absoluta onde obtería o campionato de seleccións autonomicas.

Os últimos anos Barca alternaría as competicións de fútbol sala coas de atletismo, chegando a dedicarse exclusivamente ao atletismo. Na tempada 2018/2019 Barca decide volver ao Fisober de novo. 

 

Entrevistamos a última incorporación, Barca Toba

EquipoMatches playedMatches Line Up
Fisober FSF510
f t g