Copyright 2018 - Fisober FSF

Ana

Posición:
Universal
Dorsal:
7
Lugar Nacemento:
Vimianzo
Fecha Nacemento:
22/06/1991
Nome e apelidos:
Ana Mouzo Mosquera
Nome Futbolístico:
Ana
Equipo:
Fisober FSF

Apodada polos seus amigos e a nivel futboleiro como Aniña,  naceu en Vimianzo un verán de 1991. Ó igual que a maioría das súas compañeiras de equipo comezou a súa andaina no mundo do deporte nas escolas municipais do seu concello natal con tan só 7 anos e sen apenas poder participar en competicións, senon máis ben só adestrando pola súa curta idade. Esta etapa futbolística en idade escolar acabaría en categoría infantil, cando  abandonaría o fútbol sala mixto polo feminino. 

No fútbol sala feminino iniciaríase despois dunha chamada do monitor de fútbol sala doutro concello para ir para o equipo feminino de Santa Comba, Viaxes Amarelle, en categoría alevín. Despois do paso polo club xalleiro onde disputaría varios campionatos galegos e un campionato de España por clubs no 2004, a xogadora vimiancesa abandonaría esa disciplina xunto con outros membros para pasar a forma parte do Fisober FSF.

A súa andaina no club comeza cos inicios deportivos deste, polo que Aniña é a capitana do equipo e na actualidade tamén ocupa o cargo de secretaria na directiva, e no cal conseguiría o título de campiona de liga autonómica, campiona de copa provincial, subcampionato de copa autonómica, subcampionato de liga provincial, subcampionato de España por clubs, dúas Copas da Costa e os ascensos a liga autonómica e liga nacional. 

A nivel individual conta con dous campionatos galegos de seleccións, formando parte do combinado coruñés, e a súa carreira futbolística so se afastaría do fisober, metaforicamente falando, despois de sufrir unha grave lesión de rodilla que a afastou case dúas temporadas dos terreos de xogo e que na actualidade superou sen ningún tipo de complicación. 

 

Ana Mouzo renova polo Fisober

EquipoMatches playedMatches Line Up
Fisober FSF29275
f t g