Copyright 2018 - Fisober FSF

02-12-2017 15:45
P. San José

Player statistic

    16' Ana
    28' Carla

Additional information

Arbitros
Alejandro Barco, Daniel Hernández
Crono
Julen Chamero

RESULTADO : C.D. CIUDAD DE GUADALAJARA – FISOBER F.S.F. : 2-2.

GUADALAJARA : Elisa, Miriam, Elvira, Virginia, Valeria ; tamén xogaron : Itziar, Rocío, María, Patricia.

FISOBER : Lía, Noe, Ana, Paula Fandiño, Mai ; tamén xogaron : Ainho, Nuriña, Andrea M., Taibo, Carla.

GOLES : 1-0 min. 5 Elvira, 2-0 min. 11 Virginia, 2-1 min. 16 Ana, ( descanso ) , 2-2 min. 28 Carla.

ÁRBITROS : Alejandro Barco, Daniel Hernández ; CRONO : Julen Chamero.

Partido disputado na tarde do sábado no P. San José de Guadalaxara correspondente a undécima xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV.

O Fisober sacou un punto despois dun mal arranque remontando un dous a cero, tendo opcións de levarse o partido nos últimos minutos e cun final polémico no que protestou un gol anulado a tan solo oito segundos do fin.

Iniciaron o partido ambos equipos con moito respecto debido a importancia do choque no que os dous querían sumar. As costeiras acusaron o viaxe nos primeiros minutos e tardaron en aclimatarse o parquet alcarreño.

E así foi como aos cinco minutos Elvira aproveitaba para adiantar o conxunto local. As costeiras non se atopaban a gusto sobre a pista e Itziar tivo unha nova ocasión para as locais que desbaratou Lía.

Mediada esta primeira metade Mai tivo a primeira ocasión visitante. Pero pouco despois aos once minutos un lanzamento lonxano de Virginia pasaba por multitude de pernas para o dous a cero.

Cando peor parecía que se poñían as cousas as costeiras tiraron de orgullo para ir mellorando. Nos últimos minutos da primeira metade notouse a melloría visitante. A catro para o fin Ana reducía distancias cun lanzamento dende a frontal.

Noe tiña unha gran ocasión a pouco máis de un minuto e Paula Fandiño enviaba un balón ao trabe dentro xa do último minuto, a primeira metade finalizou cun lanzamento perigoso de Noe.

A segunda metade comezou con ocasión para as alcarreñas pero Andrea M. mostrouse moi segura na portería costeira ao igual que Lía na primeira.

Noe tiña unha contra aos catro minutos e na réplica a local Elvira enviaba o pau. A segunda metade arrancaba dunha maneira tola.

Ata que aos vinte e oito minutos Carla aproveitaba un rexeite no área para igualar o electrónico.

O gol deulle tranquilidade as visitantes e nervios as locais. As costeiras colocáronse para intentar aproveitar as contras pero non foron quen de apreveitar boísimas ocasións. O Fisober segue a pagar a súa falta de pegada nos últimos metros.

Paula Fandiño e Noe tiveron as máis claras para o Fisober. E Andrea M. evitaba calquera intento de reacción local.

Pero a xogada chave puido ser cando a falta de oito segundos os colexiados sinalaron falta nun roubo que rematou con gol de Ainho, unha xogada moi discutida polas costeiras.

As alcarreñas xogaron os últimos oito segundos de cinco pero xa nada trocou.

Alineación:

Suplentes:

f t g