Copyright 2018 - Fisober FSF

Player statistic

Ana 4'    

Additional information

Arbitros
Mario Salinas e Roberto Amor
Crono
J. Francisco Prados

FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, Ainho, Noe; tamén xogaron : Taibo, Andrea M. , Carla, Nuriña, Bárbara, Mai.

COLMENAREJO: Eva, Sandra, Cris Llanos, Lydi, Orive; tamén xogaron : Laurita, Didi, Su, Nere, Arias, Joy.

ÁRBITROS : Mario Salinas, Roberto Amor ; CRONO : J. Francisco Prados.

GOLES : 1-0 min. 4 Ana, 1-1 min. 17 Cris Llanos, 1-2 min. 20 Nere, (descanso), 1-3 min. 21 Orive.

Partido correspondente a duodécima xornada na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober non puido sacar nada positivo ante un dos cocos da categoría como é o Colmenarejo, aínda que si lle puxo as cousas moi difíciles, nun partido moi disputado marcado polos goles psicolóxicos das madrileñas e pola humidade preludio do temporal Ana. No que foi a visita ao que fora o seu fogar da muxiana Eva Lema.

Despois dun arranque no que os dous equipos querían colocarse sobre a pista o conxunto costeiro decidiu sorprender ao seu adversario co xogo de cinco dende moi pronto algo que descolocou as madrileñas.

E aproveitaron a situación xa que un pase profundo de Taibo atopou a Ana que tocou co calcaño para batir a Eva e poñer por diante as locais.

O gol costeiro igualou a contenda e puxo en dificultade as visitantes. Os minutos ían pasando e Laurita tiña unha boa ocasión visitante mediada esta primeira metade. A resposta foi por parte de Noe que fixo intervir a Eva.

As madrileñas deron un paso adiante e contaron con ocasións por parte Nere, Laurita ou Cris Llanos. As costeiras buscaron solucións e volveron arriscar co xogo de cinco. E conseguiron de novo entrar no partido , con boas ocasións por parte de Noe para facer o dous a cero que non chegou. Aínda que os riscos co xogo de cinco a piques lle estiveron de custar un desgusto as locais.

Achegábanse os últimos minutos da primeira metade e as visitantes deron outro empurrón o partido. E así foi como Cris Llanos aproveitaba un rexeite para igualar o partido a tres para o tempo de lecer.

As madrileñas querían máis e nos últimos segundos da primeira metade Nere facía o un a dous co que se chegou o tempo de lecer.

Peor se lle puxeron as cousas as locais a volta de vestiarios cando Orive facía outro gol psicolóxico no primeiro minuto poñendo o un a tres. Nun abrir e pechar de ollos pasou da igualada a un a tres.

De novo Orive quixo aumentar distancias pero seu tiro petou no pau. Co paso dos minutos os equipos foron baixando o ritmo e a humidade do temporal Ana foi chegando a pista.

A pesares das dificultades as locais seguiron loitando na busca de recurtar diferencias. Volvían arriscar nos últimos minutos co xogo de cinco. E unha internada de Noe supuxo unha das xogadas polémicas do encontro na que os colexiados non sinalaron nada nunha ocasión manifesta de gol.

Ana tiña unha boa ocasión pouco despois pero seu lanzamento non atopou portería por pouco. Pasaban os minutos e xa nada cambiou.

En definitiva boa imaxe do Fisober ante un dos galos da competición.A vindeira semana as costeiras rinden visita o invicto líder da competición.

f t g