Copyright 2018 - Fisober FSF

Player statistic

Bárbara 35'    

Additional information

Arbitros
Rubén García, J.L. Villarino
Crono
Xurxo Ameneiro

FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, Ainho, Noe; tamén xogaron : Andrea M., Carla, Taibo, Mai, Laura, Bárbara.

FISGÓN : Alba, Karen, Charo, Kiko, Lu ; tamén xogaron : Cris, Lolo, Suki, Elena, Pau.

ÁRBITROS : Rubén García, J.L. Villarino , CRONO : Xurxo Ameneiro.

GOLES : 0-1 min. 5 Lu, 0-2 min. 9 Cris, 0-3 min. 17 Charo, ( descanso ) , 0-4 min 32 Elena, 0-5 min. 35 Karen, 1-5 min. 35 Bárbara.

Partido correspondente a 14ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na mañán do sábado 23 de decembro nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Partido co que o Fisober poñía fin aos partidos no 2017, un derbi sen moito ritmo que se levaron as do Morrazo. O partido arrincou frío como a mañán da antesala a noiteboa, coa competencia do Clásico matutino e como previa de O Noso Derbi.

As do Morrazo partían coma favoritas e non tardaron en amosalo xa que os cinco minutos Lu aproveitaba un rexeite para adiantar as visitantes.

Os minutos pasaban e nada cambiou ata que Cris facía o segundo para as do Morrazo no minuto nove.

Aos dezasete minutos o fichaxe estrela do Fisgón esta tempada Charo poñía o terceiro gol visitante e moita terra de por medio.

A piques estivo de acurtar distancias Laura despois dunha gran combinación costeira pero non chegou por pouco a camellana.

Co cero a tres chegouse o tempo de lecer.

No arranque da segunda metade Ainho tivo unha gran ocasión para as locais de recurtar diferencias. O equipo costeiro optou logo por arriscar co xogo de cinco case toda a segunda metade.

Non creou ocasións moi claras pero si tomou un certo control do xogo. Os minutos pasaban e as locais intercalaban o xogo de cinco pero o resultado non cambiaba.

Ata que no minuto 32 a visitante Elena anotaba un gol. Tan solo tres minutos despois Karen facía un novo gol visitante o que respostaba case de seguido a local Bárbara, poñendo o un a cinco que foi xa definitivo.

Tan solo reseñar que na última xogada do partido a porteira local Andrea M. levou un forte golpe nun choque cunha xogadora rival, esperando que se quede tan solo niso, nun golpe.

As costeiras volven a competición ca visita a difícil pista do Simancas madrileño a segunda fin de semana de xaneiro para comezar o ano 2018 ca última xornada da primeira volta do campionato.

f t g