Copyright 2018 - Fisober FSF

13-01-2018 17:30

Player statistic

    12' Noe

SIMANCAS : Moni, Vir, Sofía, Sonia, María ; tamén xogaron : Luz, Reyes, Poyi, Virginia, Miri, Cris, Meri.

FISOBER : Lía, Ana, Carla, Mai, Noe ; tamén xogaron : Andrea M. , Nuriña.

ÁRBITROS : Antonio Cabello, Álvaro Cuzón, CRONO : José Manuel Pérez.

GOLES : 1-0 min 8 Luz, 2-0 min 9 Virginia, 3-0 min 11 Poyi, 3-1 min 12 Noe, 4-1 min 13 Vir, 5-1 min. 18 Virginia ; ( descanso ) , 6-1 min 28 Virgina, 7-1 min 28 María, 8-1 min 29 María, 9-1 min 34 Vir, 10-1 min 37 Cris, 11-1 min 37 Sofía.

Partido correspondente a 15 ª e última xornada da primeira volta na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado no P.M. de San Blas en Madrid.

A pesares do abultado do resultado o partido non foi o que parece sobre todo na primeira metade, cun Fisober que non aproveitou as súas oportunidades e o seu rival metía todo o que tocaba, por algo son un dos conxuntos máis fortes coma locais. Mediada a segunda metade as costeiras acusaron o esforzo, xa que no quencemento Ainho resentiuse dunhas molestias o que deixou a rotación moi curta.

O inicio do partido foi moi prometedor para o Fisober xa que nos primeiros minutos Noe contaba con dúas moi boas oportunidades para abrir o marcador pero que non acadaron o seu obxectivo.

Pasaban os minutos e o marcador non se movía ata que aos oito minutos Luz remataba unha gran contra local para o un a cero.

Tan solo un minuto despois Virginia de disparo cruzado facía o segundo. Sendo un forte golpe para as costeiras.

Aínda así non se viñeron abaixo e un lanzamento de Ana íase ao longueiro da portería local. Pero o Simancas respostaba cun gol obra de Poyi.

Cando aos doce minutos Noe recurtaba distancias abríase unha esperanza para as costeiras que tan solo un minuto despois Vir mataba cun novo gol. Esa foi a tónica do partido as locais non perdoaron.

Rematando a primeira metade Nuriña dispuña dun man a man ante a porteira e unha xogadora local sacaba baixo paus un lanzamento de Noe, pero o gol non chegaba. Quen si marcaba era Virginia para o quinto antes de chegar o tempo de lecer.

A volta de vestiarios o ritmo de partido baixou e as forzas comezaban a escasear no conxunto visitante. Pasaban os minutos sen nada que destacar.

Ata que no minuto 28 Virginia marcaba o sexto que foi o último pau para as costeiras. Dous goles case seguidos de María mataban o partido.

O Fisober decidiu entón xogar de cinco ata o final. Vir, a porteira Cris dende propio campo e Poyi puxeron o punto final a un partido.

A vindeira semana o Fisober terá derbi visitando A Coruña para enfrontarse ao Viaxes Amarelle no primeiro partido da segunda volta.

Alineación:

Suplentes:

f t g