Copyright 2018 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 39'    

FISOBER : Lía, Taibo, Ainho, Carla, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Andrea M. , Ana, Mai, Nuriña, Noe.

UNAMI : Carmen, Cris, Marina, Laura Llorente, María Marinas ; tamén xogaron : Laura Velasco, Cristina, Laura Gómez, María, Vero.

ÁRBITROS : David Álvarez , Juan González ; CRONO : Iván Bermúdez.

GOLES : Con 0-0 chegouse o descanso, 0-1 min 31 Vero, 0-2 min 33 Vero, 0-3 min 35 Laura Llorente, 0-4 min 37 Laura Llorente, 0-5 min 39 María, 1-5 min 39 Paula Fandiño.

Partido correspondente a 17ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría entre o Fisober e o Unami segoviano.

A pesares do que reflexa o marcador final a dez minutos do fin do partido o resultado era igualada a cero, cun Fisober que foi o mellor sobre a pista na primeira metade e un Unami que o foi na segunda e que se levou os puntos, ante un cadro costeiro que non foi quen de sobrepoñerse o gol recibido a prol das segovianas.

Arrancaba ben o partido para un conxunto costeiro que lle poñía moita intensidade e gañas. A primeira ocasión local foi aos tres minutos cando un lanzamento de Paula Fandiño era enviado a saque de esquina entre a porteira visitante e o pau.

Pasaban os minutos e si había algunha chegada visitante aparecía Lía. As locais seguían facendo o seu xogo e Taibo dispuña dunha boa oportunidade.

As locais reclamarían un posible penalti por mans dunha xogadora visitante na área. Tamén reclamaron outro posible penalti a cinco para o fin desta primeira metade cando Carla se plantaba sola ante a porteira visitante e caía sen que os árbitros apreciasen nada punible.

A dous para o fin unha gran combinación das costeiras acabou cun remate de Ana pegado ao pau que sacaba a porteira visitante Carme in extremis.

Co resultado gafas chegouse ao tempo de lecer.

A segunda metede xa foi outro guión no que as visitantes saíron moi intensas e dispuxeron de moi boas oportunidades ante unha Andrea M. que as freaba con solvencia.

A segoviana Laura Llorente tomaba protagonismo no partido. Tamén Cristina e Marina que tocaban cos paus da portería local.

A nove minutos para o fin as visitantes foron quen de romper o cerroxo cun gol de Vero que foi un caldeiro de auga fría sobre as costeiras.

A sete para o fin de novo Vero facía o segundo que foi unha lousa moi grande sobre a moral das locais despois da boa primeira metade realizada.

Laura Llorente en dúas ocasións e María ampliaban diferenzas. Unha boa combinación local finalizaba con gol de Paula Fandiño para poñer o definitivo un a cinco no electrónico.

A vindeira semana volve haber parón de seleccións co cal o vindeiro partido será o día 17 ca visita ao Chiloeches en terras alcarreñas.

Alineación:

Suplentes:

f t g