Copyright 2018 - Fisober FSF

17-02-2018 18:00

Player statistic

    17' Taibo
    32' Ana
    39' Noe

Additional information

Arbitros
David Merencio e Álvaro García
Crono
Carlos Gutierrez

CHILOECHES : Sandra, Jessi, Jenni, Laura, Cris ; tamén xogaron : Andrea, Virginia, Eli, Noelia, Leti.

FISOBER : Andrea M., Ana, Paula Fandiño, Nuriña, Noe ; tamén xogaron : Carla, Taibo, Ainho.

ÁRBITROS : David Merencio, Álvaro García ; CRONO : Carlos Gutierrez.

GOLES : 1-0 min. 5 Eli, 2-0 min.15 Jessi, 2-1 min. 17 Taibo, ( descanso ), 2-2 min. 32 Ana, 2-3 min. 39 Noe

Partido correspondente a 18ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado no P. Municipal da localidade de Chiloeches preto de Guadalaxara.

Importante triunfo dun Fisober que a base de esforzo, traballo e coraxe sacou adiante este complicado partido na sempre difícil pista do Chiloeches castelán manchego, remontando un dous a cero a prol das locais.

O partido comezaba un pouco frío, sen un dominio claro. Aínda así as locais tiñan a primeira ocasión nun lío no área que sacaba unha xogadora do Fisober xusto na liña.

Quen non perdoaba era Eli aos cinco minutos facendo o un a cero para o conxunto castelán. O gol non cambiou moito o escenario do partido que non parecía ter moito ritmo.

Todo trocou cando aos dez minutos nunha contra visitante os colexiados consideraban que a porteira local Sandra paraba a xogada con man fora do área, cortando unha ocasión manifesta de gol.

Dende esta xogada o partido volveuse tolo. A goleadora Eli pasou a portería facendo unha extraordinaria labor.

Aparecía unha gran oportunidade para as costeiras coa falta ao borde do área pero Eli despexaba o forte lanzamento de Paula Fandiño. O Fisober non foi quen de aproveitar os dous minutos de superioridade e o resultado permanecía igual.

Dende este momento as locais combinaron o xogo de cinco co xogo posicional perante boa parte do partido.

No minuto quince Jessi facía o dous a cero o que foi un xerro de auga fría para as costeiras.

Pero unha gran combinación do Fisober rematou con gol de Taibo a tres minutos para chegar o tempo de lecer e foi chave para a remontada visitante. Ese gol dotou de confianza as costeiras. Co dous a un chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade seguiu o guión co que rematou a primeira cun partido tolo con multiples ocasións e no que tanto as porteiras Eli para as locais e Andrea M. para as visitantes estaban a facer unha gran labor con paradas de gran mérito.

Para as costeiras destacaba unha xogada de Taibo, e unha dobre ocasión para Ainho e Noe na que aparecía Eli para evitalas.

A igualada chegou cando a oito para o fin Ana cunha espectacular volea facía o dous a dous para as costeiras.

As locais non querían o empate e volveron a alternar o xogo de cinco o que propiciou un partido aínda máis tolo.

E nesa tolemia apareceu unha contra na que Noe a cincuenta segundos para o fin dun forte disparo culminaba a remontada visitante.

Dende aquí ata o final tocoulles sufrir as costeiras pero finalmente os tres puntos viaxan cara Dumbría e reforzan os ánimos das xogadoras do Fisober.

A vindeira semana de novo hai parón co cal a liga volvera xa en marzo ca visita do Mora a Dumbría.

Alineación:

Suplentes:

f t g