Copyright 2018 - Fisober FSF

11-03-2018 12:00

Additional information

Arbitros
Álvaro Guzon, Antonio Rubio
Crono
D. Sallabanda

ATLETI B : Vázquez, Paula, Nerea Moldes, Andrea, Alba ; tamén xogaron : María Sanz, Sara, Laura Laloma, Paula Sanz, Nerea, Laura.

FISOBER : Andrea M. , Paula Fandiño, Taibo, Ana, Ainho, tamén xogaron : Carla, Mai, Nuriña, Carre.

ÁRBITROS : Álvaro Guzon, Antonio Rubio , CRONO: D. Sallabanda.

GOLES :1-0 min. 6 Sara, 2-0 min. 6 Andrea, 3-0 min. 14 Nerea Moldes, 4-0 min. 20 Paula Sanz, ( descanso ) , 5-0 min. 23 Laura Laloma, 6-0 min. 26 Nerea Moldes, 7-0 min. 30 Nuriña en p.p., 8-0 min. 31 Alba, 9-0 min. 31 Nerea.

Partido disputado na mañán do domingo no P. “La Estación” de Navalcarnero , correspondente a 20ª xornada de liga no grupo IV da Segunda División Nacional.

O resultado é clarificador no que as costeiras se enfrontaron a un potente rival que ademais chegaba con habituais do primeiro equipo o actual campión de liga como é o Atleti, xogadoras como María Sanz ou a galega Nerea Moldes que o sábado foran bigoleadoras no partido da máxima categoría. No que a mellor nova do partido foi o debut de Carre na Segunda División Nacional despois da súa longa lesión e de ir xogando minutos co filial no último mes.

O Fisober aguantou o primeiro empuxe do filial do Atleti, ben colocadas e con axudas en defensa. Pero a entrada de María Sanz foi un problema máis para as costeiras.

Aos seis minutos abriuse a lata por mediación de Sara finalizando unha grandísima combinación local e no mesmo minuto Andrea facía o segundo dun forte disparo.

O adestrador visitante pediu tempo morto para tranquilizar as súas ante os dous goles nun minuto. As costeiras intentaron combinar e saír cando era posible.

Aos catorce minutos Paula Fandiño tiña a mellor ocasión visitante da primeira metade. Pero a resposta local foi un golazo da galega Nerea Moldes cunha impresionante volea despois dun saque de esquina.

A 19 segundos para o fin da primeira metade Paula Sanz facía o cuarto gol co que se chegaba ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios de novo Paula Fandiño tiña unha dobre moi boa ocasión para as costeiras.

No minuto 23 Laura Laloma facía o quinto gol local. Nese momento o conxunto costeiro decidiu alternar xogo de cinco cando a ocasión o permitía.

Nerea Moldes de novo, Nuriña en p.p. , Alba e Nerea pecharon o marcador dende aquí ata o fin do partido.

A vindeira semana chega o Tres Cantos a Dumbría nun importante partido.

Alineación:

Suplentes:

f t g