Copyright 2018 - Fisober FSF

Player statistic

Ainho 38'    

Additional information

Arbitros
Jose Angel Vilas e Jose Luis Villarino
Crono
Inma Silva

FISOBER : Andrea M., Paula Fandiño, Carla, Ana, Ainho ; tamén xogaron : Mai, Nuriña, Carre, Noe.

TRES CANTOS : Noe, Patri, Mariam, Marta, Vero ; tamén xogaron : Bea, María , Beatriz.

ÁRBITROS : Jose Ángel Vilas, Jose Luis Villarino ; CRONO : Inma Silva.

GOLES : 0-1 min. 4 Marta, 0-2 min. 7 Mai en propia porta, ( descanso ), 1-2 min. 38 Ainho.

Partido correspondente a 21 ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober non foi quen de puntuar nun partido no que a sorte lle foi esquiva , sen facer un bo xogo e algo ansioso gozou de moi claras ocasións e incluso malogrou un penalti.

Arrancaba o partido cunha inmellorable ocasión para as costeiras xa que un toque co calcaño de Ainho paseaba pola liña de gol sen entrar nin que Carla chegase para empurrala.

As madrileñas respostaban case de seguido cunha moi boa ocasión. E non tardaron moito en abrir o marcador aos catro minutos cun potente lanzamento de Marta.

O mazazo foi máis duro cando Mai introducía o balón na súa portería aos sete minutos para o dous a cero.

Aínda así e sen despregar o xogo das últimas xornadas o Fisober comezou a acumular ocasións co paso dos minutos.

Mediada esta primeira metade primeiro Noe, pouco despois Ana, logo Paula Fandiño un par de veces e novamente Ana , non eran quen de recortar diferenzas.

As madrileñas saían en algunha contra e os minutos pasaban e o electrónico non trocaba. Co cero a dous chegouse o tempo de lecer.

O comezo da segunda metade non tivo moito ritmo e os minutos pasaban sen que nada salientable pasara.

Ata que chegaron os últimos dez minutos nos que o Fisober pareceu coller folgos de fraqueza e tentar remontar o partido, acosando cada vez máis as madrileñas.

Chegaron ocasións para Ainho e para Carla que despois de regatear a porteira o seu tiro bicou o pau e foise fora. Parecía incrible que o Fisober aínda non marcara.

Máis aínda cando a falta de sete minutos as costeiras dispuxeron dun penalti. Pero a porteira visitante adiviñou o lanzamento de Ana e parou tamén o rexeite do mesmo. Parecía imposible que o Fisober fora quen de marcar o sábado.

O Fisober decidía entón arriscar co xogo de cinco con sete minutos en xogo e pouco despois Ainho tiña unha nova boa ocasión.

Ata que a pouco máis de dous minutos para o fin Ainho culminaba unha gran combinación local para facer o un a dous e daba esperanzas . Nese mesmo minuto , un libre indirecto finalizado por Noe era enviado por unha xogadora visitante a corner baixo paus.

Os últimos minutos foi de acoso total co xogo de cinco pero non chegaba a igualada. E case na última xogada do partido de novo Noe tiña a opción da igualada pero a sorte non estaba co Fisober. Nun partido no que con máis corazón ca xogo se tiveron moitas ocasións para sacar algo mellor.

A vindeira semana toca a importante visita a Majadahonda o domingo pola mañán.

Alineación:

Suplentes:

f t g