Copyright 2018 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 13'    

Additional information

Arbitros
Ruben Ferrero e Javier Roldán
Crono
Iván Bermudez

FISOBER : Andrea M., Mai, Ana, Carre, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Ainho, Laura, Nuriña, Carla, María Dumbría.

SAN FERNANDO : Lara, Jenni, María , Kiki, Irene ; tamén xogaron : Sofía, Alba, Patri, Nerea.

ÁRBITROS : Rubén Ferrero, Javier Roldán ; CRONO : Iván Bermudez.

GOLES : 1-O min. 13 Paula Fandiño, ( descanso ), 1-1 min 23 María, 1-2 min. 24 Jenni, 1-3 min. 32 Alba.

Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 23 º xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV.

Un mal minuto na segunda metade afogou tódalas esperanzas dun Fisober que chegou o tempo de lecer por diante no electrónico.

O Fisober saíu ao partido sen a presión doutros encontros, intentando facelo o mellor posible para acadar algo positivo.

Aínda que no inicio as mellores ocasións foron visitantes pero atopáronse cunha Andrea M. que se creceu baixo paus e non deixou ningún oco as rivais. Kiki tiña a mellor ocasión visitante pero non era quen de batir a porteira costeira.

Co paso dos minutos o Fisober foise acomodando a pista. E mediada esta primeira metade era Ainho a que tiña dúas claras ocasións, nunha delas sacaba unha xogadora madrileña baixo paus.

As madrileñas seguían atopandose a Andrea M. nas ocasións que chegaban a porta costeira.

A falla de sete minutos María Dumbría tiña unha boa ocasión para o gol. E nese mesmo minuto Paula Fandiño poñía en vantaxe as súas cun lanzamento a escadra.

Tocáballe traballar e defender as locais para conservar o resultado e así o fixeron ata o tempo de lecer.

A volta de vestiarios chegou cunha ocasión visitante na primeira xogada.

Pouco despois aos tres minutos chegaba o primeiro gol madrileño obra de María. E tan solo un minuto despois Jenni marcaba o segundo botando por terra todo o traballo local.

As costeiras comezaban a notar o esforzo e co resultado en contra as pernas pesaban un pouquiño máis se cabe.

O que xa foi un duro golpe foi o terceiro visitante obra de Alba a oito para o fin. Era unha subida moi difícil de subir para as costeiras.

Dende ese momento o Fisober decidiu arriscar co xogo de cinco. Pero unha rigorosa segunda amarela a Ainho a sete para o fin fixolles moito dano. A pesares de que aguantaron o resultado na inferioridade , morreron no físico.

Os últimos cinco minutos seguiron arriscando co xogo de cinco incluso sen cambiar porteira pero o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana toca derbi fronte ao Cidade de Pontevedra de novo no Conco.

Alineación:

Suplentes:

f t g