Copyright 2018 - Fisober FSF

21-04-2018

VALLADOLID : Arelis, Irene García , Patri, Clau, Carmen ; tamén xogaron : Tammy, María, Estre, Sora, Ajito,Tania, Cristina.

FISOBER : Andrea M. , Ana, Paula Fandiño, Carre, Mai ; tamén xogaron : Ainho, Carla, Lía, Nuriña, Noe, Taibo.

ÁRBITROS : Jose Antonio Cañas, Casimiro Miguel , CRONO : M. Carmen Vidal.

GOLES : 1-0 min. 3 Clau, 2-0 min. 6 Irene García, 3-0 min 11 Irene García, 4-0 min. 14 Irene García, 5-0 min. 18 Patri, 6-0 min. 19 Patri, (descanso ), 7-0 min. 39 Estre.

Partido correspondente a 25 ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado no P.U. Fuente de la Mora de Valladolid.

O Fisober non se adaptou nin o parquet , nin a calor reinante e cando entrou no partido xa o tiña perdido ante un rival que se xogaba a vida.

Aos tres minutos Clau aproveitaba un saque de esquina para fusilar a Andrea M. co primeiro gol do partido. Tres minutos despois foi Irene García como na primeira volta que despois dunha xogada individual a que fixo o segundo.

No chegaba moito o Fisober a meta pucelana e o guión do partido non cambiaba. No minuto 11 e no 14 repetía Irene García para matar practicamente o partido.

A sorte tampouco acompañaba ao Fisober xa que Paula Fandiño enviaba o balón ao pau e na seguinte chegaba o gol local por parte de Patri , que marcaba dous goles nos últimos minutos da primeira metade finiquitando o encontro.

Na segunda metade cambiou a intensidade do Fisober que xa se adaptou o medio. As costeiras melloraron a súa faciana e Noe quedouse cas gañas de gol pero a porteira local evitouno.

Respostaron as pucelanas con dous paus, e as porteiras comezaron a ser protagonistas en ambas areas coa chegada de máis ocasións.

Tampouco moitas xa que a segunda metade baixou o seu ritmo ata que Estre facía un novo gol local a pouco do final co que se pechou o partido.

A vindeira semana chega un Guadalaxara en alza a Dumbría nun fin de semana repleto de partidos no Conco xa que tódolos equipos do Fisober xogan coma locais e incluso teremos fase Intercomarcal alí tamén.

Alineación:

Suplentes:

f t g