Copyright 2018 - Fisober FSF

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – A.D. ALCORCÓN F.S.F. “B”.0-9.

FISOBER : Lía, Ana, Taibo, Mai, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Ainho, Andrea M. , Noe, Carla, Carre, Nuriña.

ALCORCÓN B : Irene, Marta Nuño, Clara, Carol, Claudia ; tamén xogaron : Raquel Mena, Andrea, Alba, Mire, Pau, Clara.

ÁRBITROS : Diego Mella, Roberto Martínez. CRONO : Miguel Puerta. GOLES :

Ao descanso 0-3. Os goles do Alcorcón foron obra de : Raquel Mena 3 goles, Claudia 2 goles, Marta Nuño 2 goles, Carol 1, e outro en propia porta do conxunto costeiro. Partido correspondente a 28ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado nas I.D. de O Conco en Dumbría entre o Fisober e o filial do Alcorcón madrileño. O igual que na primeira volta o conxunto madrileño foi un ciclón fronte as costeiras e amosou as razón polas que vai líder con tan solo unha derrota en toda a tempada. O Fisober aguantou o resultado e o tirón físico na primeira metade, incluso Noe tivo un man a man con cero a cero no electrónico para adiantar as costeiras nunha contra das locais. Pero na segunda metade despois do paso polos vestiarios o líder mostrou o seu potencial anotador e levouse con claridade o partido e ten o título xa a tiro de pedra. O próximo partido será o vindeiro xoves día das Letras Galegas adiantando o derbi fronte ao Fisgón F.S. nunha data tan sinalada , en Marín no P. de A Raña, no que será o último viaxe da tempada, nun fin de semana no que terán partido o filial dentro da Copa de Primeira Galicia en Dumbría fronte ao Meigas e o campeonato provincial o equipo infantil en Irixoa o sábado.

Alineación:

f t g