Copyright 2018 - Fisober FSF

19-05-2018

FISGÓN : Sarita, Kiko, Kun, Charo, Karen ; tamén xogaron : Cris, Suki, Pau, Nuria, Alba, Marina, Eva.

FISOBER : Lía, Carre, Mai , Ana, Ainho ; tamén xogaron : Nuriña, Paula Fandiño, Andrea M. , Taibo.

Partido disputado na tarde do xoves día 17 de Maio correspondente a 29 ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV, disputado no P. de A Raña en Marín.

Co galo do festivo Día das Letras Galegas adiantouse o derbi galego entre o Fisgón e o Fisober.

Nun partido marcado pola moita calor o que provocou que ambos equipos tiveran pouca intensidade ademais de que os dous cadros galegos xa non se xogaban nada fixo que o partido estivese marcado polas xogadas ailladas como as máis definitivas.

O dominio do partido foi por parte do conxunto do Morrazo e o Fisober intentaba saír a contra.

O tempo de lecer chegouse coa vitoria xa por tres a cero para o cadro pontevedrés.

Na segunda metade un gol máis para as locais pechou o marcador co catro a cero final.

Agora tan solo queda un partido para o fin da tempada que será a visita ao Conco do conxunto madrileño do Simancas.

Alineación:

Suplentes:

f t g