Copyright 2018 - Fisober FSF

Player statistic

Ana 3'    
Maria 6'    
Ainho 22'    

FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, Mai, Noe ; tamén xogaron : Andrea M., Carla, Ainho, Carre, María Dumbría.

SIMANCAS : Cris, Reyes, Sonia, Mire, María ; tamén xogaron : Moni, Poyi, Sofía.

ÁRBITROS : Juan Lubián , Miguel Sierra. CRONO : Alan Sardinero.

GOLES :1-0 Min. 3 Ana, 2-0 min. 6 María Dumbría, 2-1 min 9 María, 2-2 min 11 María, 2-3 min 18 Sonia, ( descanso ), 3-3 min 22 Ainho, 3-4 min 23 María, 3-5 min 28 Sonia.

Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 30 ª e última xornada de Liga no grupo IV da Segunda División Nacional do fútbol sala feminino español.

Tarde de emocións para un Fisober que xogaba o seu último partido na categoría de Prata e que perde a categoría, aínda que xa era unha nova coñecida fai semanas a emoción do último partido viviuse nas gradas e na pista. Ademais aderezado por un pasillo de ambos equipos, agradecer ao Simancas o feito, previo ao equipo infantil do Fisober que a semana pasada se proclamou de forma brilante campión provincial.

No partido en si comezaron moi fortes as costeiras con gañas de agradar a afección e de gañar o seu primeiro partido coma locais na tempada. Aos tres minutos a capitana Ana poñía en vantaxe ao Fisober.

Pouco despois era María de Dumbría a que facía o segundo gol local, que ademais era o seu primeiro gol na categoría. Chegándose ao minuto seis con vantaxe de dous goles para as locais.

As madrileñas respostaron case ao momento. Primeiro cunha dobre ocasión de María que primeiro bicaba o trabe e despois se atopaba cunha gran Lía toda a tarde.

Pero aos nove minutos a mesma María facía o primeiro gol visitante. Non tardou en voltar a respostar María xa que facía a igualada aos once minutos despois dun saque de esquina.

Coa nova igualada no electrónico o partido voltouse un pouco tolo con ocasións para ambos lados. Paula Fandiño para as locais, Poyi por dúas veces para as visitanes , e Noe de novo para as locais, pero as porteiras superaban as atacantes.

Ata que a pouco máis de un minuto para o fin da primeira metade Sonia poñía o dous a tres no marcador.

O Fisober aínda tratou de igualar antes do tempo de lecer pero nin Paula Fandiño, nin Noe tiveron a sorte suficiente para facelo co que se chegou con remontada madrileña o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios Ainho igualaba novamente o partido desta vez a tres tantos. Pero pouco lles durou a ledicia as costeiras xa que tan solo un minuto despois novamente María adiantaba as madrileñas.

Noe e Ana tiveron boas ocasións para a igualada pero a porteira visitante non lles deixou facelo. Tampouco Andrea lles permetía as madrileñas aumentar renda.

Aos oito minutos da reanudación Sonia facía o quinto visitante, despois das ocasión costeiras.

As costeiras non querían despedir a categoría con derrota así que apretaron nos últimos minutos e tiveron moitas ocasións pero non foron quen de materializalas , algo que as penalizou toda a tempada. María de Dumbría, Noe en dúas ocasións, Paula Fandiño en dúas ocasións e de novo Noe non foron quen de marcar co que se chegou ao fin do partido.

Nos últimos minutos a afección local non deixou de animar as súas a pesares do descenso, rendindo homenaxe ao feito de que un equipo tan humilde lograse estar ata cinco tempadas na categoría de Prata do fútbol sala feminino español en dúas épocas diferentes.

Ao final do partido as xogadoras despedíronse entre algunha que outra bágoa de emoción dos seus siareiros agradecendo o seu apoio durante toda a tempada.

Agora queda esperar a data e lugar da Final a Catro da Copa para o Fisober B.

Alineación:

f t g