Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Adriana 1'    
Mai 23'    

Additional information

Arbitros
Marcos Pérez
Crono
Lucía Blanco

FISOBER : Lía, Mai, Ana, Adriana, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Carre, María Dumbría, Kenny.

GAIOLA : Eva, Fátima, Bárbara, Marta , Estela ; tamén xogaron : Carlota, Laura, Cris, Marta, Raquel, Cris.

ÁRBITRO : Marcos Pérez , CRONO : Lucía Blanco.

GOLES : 1-0 min 1 Adriana, ( descanso ), 2-0 min 23 Mai, 2-1 min 39 Sara.

Partido correspondente a 29ª xornada de liga na Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober acadou un importante triunfo que lles permite viaxar con total tranquilidade a Salceda na última xornada xa co obxectivo acadado, despois dunha dura segunda volta no que as lesións e as baixas complicaron moito a vida ao cadro costeiro.

No podía iniciar mellor o partido para o Fisober xa que no minuto un se poñía por diante despois de que Adriana co calcaño empurrara un lanzamento de Paula Fandiño.

E a mesma Adriana case na xogada seguinte a piques estivo de facer o segundo. Pero as santiaguesas tamén o intentaban e nunha falta ao borde do área facían aparecer a Lía moi segura durante todo o partido.

O Fisober co resultado a favor gañou en tranquilidade. Dous lanzamento lonxanos un de Paula Fandiño e outro de Carre poñían en moitos apuros a meta visitante Eva.

Mediada esta primeira metade outra dobre ocasión para o conxunto costeiro, primeiro Ana e logo Adriana non foron quen de por máis terra de por medio.

Pouco despois foi Paula Fandiño a que case o logra. O ritmo foi baixando co paso dos minutos e con elo as ocasións. Chegándose co un a cero ao tempo de lecer.

No arranque da segunda metade viuse que as visitantes ían apretar aínda máis. Estela facía intervir a Lía cun forte lanzamento. Pero aos tres minutos un roubo de Mai, unha parede con Ana e posterior finalización de Mai facía o segundo gol costeiro e o xusto premio o gran partido de Mai.

Dous goles de vantaxe daban maior tranquilidade ao Fisober pero as visitantes empurraban cada vez máis. As costeiras creaban perigo a contra con ocasións para Ana e Paula Fandiño mediada a segunda metade.

O Gaiola non se rendía e Carlota facía de novo intervir a Lía. As visitantes empurraban cada vez máis e Lía volvía facer dúas grandes intervencións ante Fátima primeiro e Laura despois. As costeiras xa solo lograban saír a contra e Adriana tivo a ocasión para pechar o partido.

Todo se compricou aínda máis cando a menos de tres minutos do fin Adriana vía a segunda amarela e deixaba en inferioridade as costeiras.

A pouco máis dun minuto Raquel facía intervir a Lía e cando o Fisober xa ía recuperar a xogadora excluída Sara facía o gol visitante.

Quedaron cincuenta segundos de sufrimento que remataron co triunfo costeiro que lles asegura a categoría e fai que non teñan que xogarse todo na final que sería a visita a Salceda.

Gran esforzo e traballo de todo o equipo neste partido e nesta segunda volta chea de vicisitudes na que foron caendo pouco a pouco xogadoras lesionadas e no que as categorías inferiores tiveron que poñer o seu gran de area. De feito María Maroñas entrou na convocatoria esta semana aínda que non chegou a debutar.

A vindeira semana non hai liga e voltará a competición en quince días ca visita a Salceda.

Alineación:

Suplentes:

f t g