Copyright 2019 - Fisober FSF

29-09-2018 17:30
I.D. O Conco

FISOBER B : Naira, Andrea, Sharay, Uxía, Gisela ; tamén xogaron : Serena, Lucía Rodríguez, Ruth.

CRUCES : Sandra, Cruz, Clara, Tania, Begoña ; tamén xogaron : Olivia, Sara, Erica, Tamara.

ÁRBITRO : Beatriz Pazos ; CRONO : Rodrigo Varela.

GOLES : 0-1 min 10 Begoña, 0-2 min 21 Tania , ( descanso ) 0-3 min 36 Cruz, 0-4 min 39 Sharay en p.p. , 0-5 min 49 Clara, 0-6 min 49 Clara de penalti.

Partido correspondente a primeira xornada da Liga Primeira Galicia disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Arrancaban a liga as xogadoras do filial costeiro e acusaron os nervios do debut con tres xogadoras que debutaban xogando contra un equipo senior como eran Andrea, Lucía Rodríguez e Ruth. Un gol en propia porta e dous tras rexeites en xogadoras locais mataron o partido.

Nun partido que estivo máis igualado do que mostra o electrónico as de Cruces máis veteranas foron máis efectivas e estiveron atentas aos erros locais para irse cun cero a dous ao tempo de lecer.

Na segunda metade intentarono as locais pero nos últimos minutos foiselles definitivamente o partido cun resultado demasiado abultado para o que se viu sobre o campo, no que mereceron gañar as visitantes pero cun resultado máis axustado.

As mellores ocasións locais foron por parte de Sharay e Uxía, aínda que todas o intentaron e tiveron ocasións durante todo o encontro. Gañar minutos en categoría senior vai ser o máis importante para as xovenes costeiras para axudar en calquer momento a calquer equipo do club costeiro.

A vindeira semana visitan ao 5 Coruña.

f t g