Copyright 2019 - Fisober FSF

27-10-2018 19:30

Player statistic

    16' Saray
    18' Uxia
    23' Lucia

Additional information

Arbitros
David Pérez
Crono
Juan Manuel Torrecilla

TROULA : Estefanía, Dieguez, Oli, Ana , Andrea Vázquez , tamén xogaron : Anabel, Andrea Amil, Silvia, Mayra.

FISOBER B : Naira, Lucía Canosa, Saray, Uxía, Sharay ; tamén xogaron : Andrea, Serena, Lucía Rodríguez.

ÁRBITRO : David Pérez ; CRONO : Juan Manuel Torrecilla.

GOLES : 1-0 min 12 Mayra, 1-1 min 16 Saray , 1-2 min 18 Uxía, 1-3 min 23 Lucía Canosa, 2-3 min 24 Andrea Vázquez , ( descanso ) , 3-3 min 32 Ana, 4-3 min 35 Andrea Vázquez, 5-3 min 37 Silvia, 6-3 min 39 Dieguez, 7-3 min 49 Oli.

Partido disputado na tarde do sábado no P. M. de Betanzos correspondente a cuarta xornada da Liga Primeira Galicia.

Unha parte foi o que lles duraron as forzas a un xovén filial do Fisober que nesa primeira metade realizou un gran xogo pero na segunda a veteranía local levouse o partido .

Chegaba o filial costeiro con cinco infantiles e dúas cadetes a difícil pista do Troula e fixo o mellor partido da tempada e moi serio pero os minutos e a veteranía local impuxeronse ao final.

A pesares de comezar perdendo con gol de Mayra as pequechas do Fisober repuxeronse e deronlle a volta oa tanteador a base dun bo xogo combinativo e saber estar.

Primeiro Saray igualaba, pouco despois era Uxía a que poñía por diante as costeiras.

A pouco de chegar ao final da primeira metade Lucía Canosa poñía un esperanzador un a tres no electrónico.

Pero a trinta segundos do fin Andra Vázquez facía o dous a tres que foi un pulo para as locais e un mazazo para as visitantes antes de chegar ao descanso.

Na segunda metade xa nada sería igual. Co paso dos minutos o podería físico local foise impoñendo, e as raparigas do filial pagaban a novatada, ante un Troula moi metido nesta segunda metade e con ganas de agradar.. Cando Ana igualou no trinta e tres foi o principio do fin.

Despois foron tomando vantaxe pouco a pouco as betanceiras ante un conxunto costeiro o que se lle acababan os folgos. Naira en portería foi mantendo as súas pero co quinto local xa baixaron os brazos as visitantes.

Duro castigo para tan boa primeira metade pero iso tamén forma parte do apredizaxe do filial.

A vindeira semana toca derbi costeiro co Atletes en Dumbría.

Alineación:

f t g