Copyright 2019 - Fisober FSF

03-11-2018 17:00

Player statistic

Lucia 16'    

FISOBER B: Naira, Uxía, Saray, Lucía Canosa, Sharay, tamén xogaron : Andrea, María Maroñas, Lucía Rodríguez.

ATLETES : María Julia, Martina, Laura, Ana, Ainoa ; tamén xogaron :María, Cris, Sara, Antía, Sara Cubelo, Saray.

GOLES: 1-0 min 16 Lucía Canosa, ( descanso ) , 1-1 min 37 Laura.

ÁRBITRO : Marcos Pérez , CRONO : Brais Couto.

Partido correspondente a quinta xornada de Liga na Primeira Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco.

O derbi rematou con igualada o que supuxo o primeiro punto para o filial do Fisober , que cheo de xuventude está amosar cada vez mellor imaxe nos partidos e competindo os partidos da “súa” liga.

Fixo un bo partido o filial do Fisober e tivo boas ocasións pero non acadou marcar máis ca un gol.

O gol foi obra da infantil Lucía Canosa que vai a gol por partido dende que debutou no filial do Fisober. A muxiana está a pasar por unha xeira positiva e demostrao cada semana non faltando a súa cita ca portería contraria.

Con ese resultado chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios igualaría o cadro de Esteiro por medio de Laura que tamén está a ser a xogadora das de Paco máis entoada de cara a portería.

Con igualada chegouse ao final do partido , cun punto para cada conxunto costeiro.

A vindeira semana o filial terá que visitar a difícil pista de Vedra.

f t g