Copyright 2019 - Fisober FSF

18-11-2018

Player statistic

Paula 29'    
Nuria 33'    

RESULTADO : FISOBER B – AMARELLE SANTA COMBA: 2-1.

FISOBER B : Naira, Nuriña, Laura, Kenny, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Andrea, Myre, María Maroñas, Carre, Serena.

AMARELLE: Nerea, Sandra, Violeta, Carla, Elsa ; tamén xogaron : Alba, Tania, Andrea.

ÁRBITRO: Daniel Blanco , CRONO: Rubén Maña.

GOLES: 0-1 min 21 Carla ; ( descanso ) , 1-1 min 29 Paula Fandiño, 2-1 min 33 Nuriña.

Partido da 7ª xornada de liga Primeira Galicia disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

A volta de Myre as pistas case un ano despois foi a mellor noticia para o filial , unha Myre que foi fundamental nos dous goles e que axudou ao seu equipo a ser o primeiro en gañar o líder da categoría.

O partido foi moi igualado ao tratarse dun derbi, no reencontro de Elsa, Andrea e Alba , tres ex que voltaban enfrontarse a un equipo do Fisober, quen finalmente non participou foi outra ex coma Nuria, unha baixa moi importante para as xalleiras ao igual que Uxía.

Saíron moi concentradas as do filial con moita posesión e tocando moito o balón, e as visitantes con presión alta e con tiros lonxanos. Nunha primeira metade sen moitas ocasións claras. A mellor quizais foi un man a man da local Kenny que se foi alto por pouco.

O gol visitante foi obra de Carla despois dun lanzamento de falta nos últimos minutos desta primeira metade . Con ese resultado de cero a un chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios o gol da igualada obra de Paula Fandiño de lanzamento lonxano espoleou as súas.

Tralo gol o filial foi crecendo e crendo pouco a pouco e subindo liñas.

Así foi como chegou o segundo gol local obra de Nuriña despois dunha moi boa combinación con Myre.

Intentouno o cadro de Santa Comba co xogo de cinco pero non creou excesivo perigo ata que no último segundo un tiro de Alba a desesperada repeliuno o longueiro finalizando así o partido.

A vindeira xornada o filial visita a pista do Villestro.

f t g