Copyright 2019 - Fisober FSF

02-02-2019 19:00
PM de Esteiro

Player statistic

    15' Lucía Martínez
    18' Kenny
    22' Nerea

Additional information

Arbitros
Ignacio Rivas
Crono
Iago Antelo

ATLETES: Julia, Martina, María, Laura, Antía ; tamén xogaron : Cris, Saray, Ana, Sara, Ainoa.

FISOBER B: Sharay, Kenny , Nerea, María Maroñas, Serena ; tamén xogaron : Lucía Canosa, Lucía Martínez, Andrea, Lucía Rodríguez, Naira.

ÁRBITRO : Ignacio Rivas , CRONO : Iago Antelo.

GOLES: 1-0 min 9 Martina, 1-1 min 15 Lucía Martínez, 1-2 min 18 Kenny, 1-3 min 22 Nerea, ( descanso ), 2-3 min 35 Antía, 3-3 min 49 Antía.

Partido correspondente a 14 ª xornada de liga na Primeira Galicia- Liga Provincial disputado na tarde do sábado no P.M de Esteiro.

Un gol do Atletes dentro do último minuto deixou o derbi costeiro en igualada cando parecía que o filial do Fisober se ía levar o triunfo cara Dumbría. A gran noticia para o filial foi o estreno goleador na categoría de dúas infantiles como son Lucía Martínez e Nerea.

Saían os dous equipos con intensidade o Atletes apretando a saída de balón e o filial costeiro , en media pista con saídas a contra especialmente de Kenny.

Despois dun saque de banda chegaba unha boa dobre ocasión para o conxunto local.

Aos nove minutos un balón elevado era rematado de cabeza por Martina para adiantar ao Atletes no derbi.

Seguía apretando e creando ocasións o Atletes pero nunha boa contra , unha combinación entre Kenny e Lucía Martínez remataba co gol da igualada desta última. O primeiro en Primeira Galicia da xogadora infantil.

Chegaban tralo gol uns moi bos minutos do filial que remataron co segundo gol obra de Kenny.

O Atletes creaba ocasións pero atopábase cunha inspirada Sharay na portería e nun contragolpe unha xogada individual de Kenny remata co seu tiro que toca os dous paus pero aparece Nerea para aproveitar o rexeite e marcar. Tamén foi o primeiro gol na categoría da infantil Nerea.

Antes de chegarse o tempo de lecer unha boa combinación entre Kenny e Serena non remata en gol por pouco.

A volta dos vestiarios o partido segue co mesmo guión , ocasións para o Atletes e un filial saíndo en perigosas contras.

Despois de tanto empuxar e dun par de paradas de Naira que collía a portería do filial na segunda metade chegaba o segundo gol local obra de Antía.

Tralo gol voltaba aparecer Naira para desfacer a ocasión local e respostaba o filial cunha xogada de Lucía Rodríguez que enviaba para Serena que remataba ao pau. Pouco despois ocasión para Kenny que era freada en falta.

Cando mellor estaban a xogar as do filial e despois dunha boa ocasión de Nerea chegaba o gol da igualada para as locais a pouco máis de corenta segundos para o fin.

Daría tempo a unha ocasión para cada equipo antes do remate do mesmo. Unha dobre ocasión do filial con tiro de Nerea e rexeite para Kenny que quita unha defensa baixo paus e na contra local unha dobre intervención de Naira sobre a bocina.

A vindeira semana o filial recibe ao Ulla Oil Vedra coma local.

f t g