Copyright 2019 - Fisober FSF

09-03-2019 19:45
A Casqueira de Pontedeume

Player statistic

    23' Kenny
    27' Lucia
    32' Kenny
    33' Kenny

Additional information

Arbitros
Ramón J. Bujía
Crono
Santiago Pena

FISOBER B : Naira, María Maroñas, Kenny, Lucía Canosa, Sharay ; tamén xogaron : Andrea, Serena.

ÁRBITRO : Ramón J. Bujía ; CRONO : Santiago Pena.

GOLES : 1-0 min 1 Laura, 1-1 min 23 Kenny , 2-1 min 24 María Rodríguez ; ( descanso ) , 2-2 min 27 Lucía Canosa, 3-2 min 29 Laura, 3-3 min 32 Kenny, 3-4 min 33 Kenny , 4-4 min 40 María.

Partido disputado na tarde noite do sábado día 9 no P.M. A Casqueira de Pontedeume correspondente a 18 ª e última xornada de liga na Primeira Galicia- Liga Provincial.

Repetiuse o resultado da primeira volta con igualada a catro para poñer fin a esta tempada en liga para o filial costeiro.

Chegaba moi xusto de efectivos por mor das baixas o filial do Fisober con tan solo dous cambios na rotación e peor se lle puxeron as cousas cando aos dez segundos a local Laura poñía en vantaxe as do Pontedeume.

Así foron pasando os minutos ata que a piques de chegar ao último minuto da primeira metade a costeira Kenny marcaba para igualar o partido.

Pero non deran a última palabra as locais quenes a pouco máis de vinte segundos para o fin da primeira metade volvían adiantarse no electrónico cun gol de María Rodríguez.

O filial íase aos vestiarios despois de apañar dous goles psicolóxicos nos primeiros e últimos segundos da primeira metade, pecado de xuventude.

No inicio da segunda sería a infantil Lucía Canosa a que poñía a igualada no electrónico no minuto vinte e sete.

Chegaron despois uns minutos tolos xa que Laura adiantaba as súas tan solo dous minutos despois.

A resposta costeira foi dobre xa que dous goles da cadete Kenny dábanlle a volta ao electrónico no minuto trinta e dous e trinta e tres, para facer a tripla de goles para a xogadora do filial costeiro.

Pero o resultado definitivo de catro a catro foi obra da local María cando aínda quedaban dez minutos para o fin.

Con ese gol pechouse o marcador , e o resultado xa non se moveu, poñendo fin tamén a competición de liga para o filial costeiro.

Suplentes:

f t g