Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Saray 17'    
Lucia 24'    
Sharay 31'    
Lucía Martínez 33'    
Lucía Martínez 35'    
Sharay 36'    

FISOBER : Alexia, Sharay Caamaño, Lucía Canosa, Saray, Uxía ; tamén xogaron : Lucía Martínez, Ruth, Laura, Lucía Rodríguez.

FERVENZA :Inés, Sofía, Julia, Keira, Irene ; tamén xogaron : Ainara, Antía, Irene Pol, Nerea, Paula, Alexandra.

ÁRBITRO : Ignacio Rivas CRONO : Rodrigo Varela.

GOLES : 1-0 min 17 Saray, 1-1 min 19 Keira , ( descanso ) , 2-1  min 24 Lucía Canosa, 2-2 min 28 Julia, 3-2 min 31 Sharay Caamaño, 4-2 min 33 Lucía Martínez, 5-2 min 35 Lucía Martínez, 6-2 min 36 Sharay Caamaño.

Partido disputado na mañán do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría e correspondente a primeira xornada da Liga Galega Infantil.

O Fisober gañou con solvencia  ao Fervenza é colocouse líder inicial da categoría galega. Con tres debutantes como Alexia, Lucía Rodríguez e Lucía Martínez.

O partido iniciouse cos típicos nervios e temores dos dous equipos neste inicio de tempada. Co paso dos minutos as costeiras decidiron apretar un pouco máis arriba e aproveitar a contra tras roubo.

Chegou así para o Fisober un longueiro de Sharay Caamaño, un pau de Uxía ou moi boas ocasións de Saray.

Unha Saray que no minuto dezasete adiantaba as súas aproveitando un rexeite do pau a tiro de Lucía Canosa, marcando a pracer.

Pouco lles durou a ledicia as costeiras xa que Keira aproveitaba un saque de banda para marcar un golazo poñendo o empate a un co que se chegou o tempo de lecer.

Na volta de vestiarios os dous equipos deron un paso adiante, parece que espeliron os nervios do debut.

 No minuto 24 Lucía Canosa adiantaba as costeiras despois dun rexeite. No 28 igualaba Julia para o Fervenza.

No 31 era Sharay Caamaño a que adiantaba as locais, que abriron oco cun dobrete da debutante Lucía Martínez. Sharay Caamaño marcaba o sexto despois dunha xogada de falta.

Os últimos minutos tiveron ocasións para ambos conxuntos solventadas por Alexia na portería do Fisober. As locais tiveron as máis claras por mediación de Laura e un lanzamento ao longueiro de Lucía Canosa.

A vindeira semana non teñen liga trala retirada do 5 Coruña co cal a próxima xornada será fronte o Adarve.

f t g