Copyright 2019 - Fisober FSF

18-11-2018

Player statistic

    19' Uxia
    23' Lucia
    24' Sharay
    38' Lucia

POIO: Estela, Lucía, Laura, Andrea, Adri ; tamén xogaron : Inés, María, Laura de la Fuente, Sara.

FISOBER: Alexia, Sharay , Lucía Canosa, Uxía, Saray ; tamén xogaron : Lucía Martínez, Laura, Ale, Lucía Rodríguez.

ÁRBITRO: Juan Jose González , CRONO: Helena Pascual.

GOLES: 1-0 min 11 Adri, 2-0 min 17 Andrea , 2-1 min 19 Uxía, ( descanso ), 2-2 min 23 Lucía Canosa, 2-3 min 24 Sharay, 2-4 min 38 Lucía Canosa.

Partido da 7ª xornada da Liga Galega Infantil disputado na tarde do sábado no P.M. A Seca en Poio.

O equipo infantil remontou un dous a cero en Poio nun vibrante partido dos que gustan e moi aos espectadores que foi o telonero do partido de División de Honra que enfrontou ao Poio e ao Burela.

Iniciou moi ben o partido o conxunto costeiro pero non foi quen de batir a unha moi xoven pero inspirada Estela.

Pasaban os minutos e comezaron a desperezarse as locais. Que se adiantaron no electrónico mediada esta primeira metade gracias a un tanto de Adri.

O bo xogo non recompensara as visitantes e iso trastocounas. Máis cando no minuto dezasete Andrea aproveitaba un erro costeiro para poñer un inxusto dous a cero no electrónico.

Un gol de Uxía xusto antes de chegar ao tempo de lecer foi salvador para que o equipo costeiro non entrara en depresión e lles dera esperanza.

Na volta dos vestiarios arrancou moi ben o equipo costeiro na que Saray e Sharay tiveron unha magnífica ocasión que malograron de forma inexplicable.

Quen non errou foi Lucía Canosa para facer a igualada no electrónico.

E no minuto 24 posiblemente o momento chave do partido cando o Poio a piques estivo de marcar salvando Alexia sobre a mesma liña e na contra chegaba o terceiro costeiro obra de Sharay.

Dende este momento o partido voltouse tolo. Con ocasións para ambos equipos pero que ningún era quen de materializar.

Ata que a dous para o fin de novo Lucía Canosa facía o cuarto e traía os puntos para Dumbría.

A vindeira semana o infantil tócalle descansar voltando a competición en quince dias fronte ao Castro.

f t g