Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Sharay 21'    
Lucia 34'    
Saray 39'    

Additional information

Arbitros
Francisco J. Seijo
Crono
Iván Vidal

FISOBER : Sharay , Laura, Uxía, Saray, Nerea ; tamén xogaron : Alexia, Lucía Canosa, Ruth, Lucía Rodríguez, Lucía Martínez.

CASTRO : Sofía, Irene, Antía, Noa , Olalla ; tamén xogaron : Luisa, Lorena, Aurora.

ÁRBITRO : Francisco J. Seijo , CRONO : Iván Vidal.

GOLES : 0-1 min 7 Antía, ( descanso ) , 1-1 min 21 Sharay, 1-2 min 29 Irene, 1-3 min 32 Irene, 2-3 min 34 Lucía Canosa, 3-3 min 39 Saray.

Partido disputado na mañá do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 18ª e última xornada de liga na categoría infantil feminina.

Púxose fin a Liga Galega Infantil feminina e o conxunto infantil do Fisober acadou un moi meritorio subcampionato galego despois de empatar no último partido de liga, no que o importante foi que tódalas xogadoras disputaran minutos.

O conxunto costeiro iniciou o partido agardando a media pista para saír a contra e deixando que o conxunto lucense domiñase.

Aos sete minutos a visitante Antía adiantou ao Castro e puxo o seu equipo en vantaxe. Despois en toda a primeira metade xa non se deron máis goles.

Os adestradores do infantil do Fisober , Ana Mouzo e Dani Costa movían ficha para a segunda metade na busca dun resultado positivo que lle dera as costeiras o subcampionato ligueiro.

Por esta razón Sharay pasou da portería a xogadora de campo , pasando Alexia a portería.

E parece que o movemento deu seus froitos xa que no primeiro minuto da segunda metade Sharay anotaba o gol da igualada. Pero aínda non estaba todo dito.

Xa que no minuto vinte e nove e no trinta e dous , un dobrete de Irene poñía o un a tres para as de Castro , un resultado que lles daba a elas o segundo lugar na liga.

As costeiras non se rendiron a pesares dos dous goles de desvantaxe . Así foi como Lucía Canosa facía o dous a tres no minuto trinta e catro.

E cando tan solo faltaban corenta segundos para o fin a costeira Saray Duarte facía o gol da igualada e poñía o tres a tres no electrónico do Conco.

Con ese resultado chegouse ao fin do partido. Unha igualada que aseguraba a segunda praza ligueira para o Fisober, a súa mellor clasificación histórica na categoría de ouro do fútbol sala infantil galego.

f t g